AGROSMARTcoop Project Starts

[Sorry, this post is not available in English] O proxecto AGROSMARTcoop, «Espazo para a integración, a competitividade e o crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE», abrangue seis rexións do espazo SUDOE (Galicia, Castilla-La Mancha, País Vasco e Extremadura en España; Aquitaine en Francia, e Norte de Portugal en Portugal) e busca paliar as desvantaxes das súas zonas rurais, así como favorecer o desenvolvemento e a cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar as cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas e mellorar a súa competitividade.

Este proxecto forma parte do programa Interreg SUDOE 2014-2020 (1.ª convocatoria 2015), dentro da prioridade «Fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste europeo»; tivo como data de inicio o 1 de xullo de 2016, e a súa data prevista de finalización é o 30 de xuño de 2018. Conta cun orzamento total de 1.295.000,00 euros, cunha axuda FEDER de 971.250,00 euros.

INDA Iniciativas colaborou co beneficiario principal, AGACA, na definición da idea de proxecto, na busca de socios e a conformación do consorcio transnacional, e no desenvolvemento do plan de traballo e do orzamento, así como na redacción dos formularios nas fases 1 e 2 da tramitación.

O obxectivo principal do proxecto é crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente dotado de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación.
Os principais produtos do proxecto beneficiarán principalmente as cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE. Entre eles están os Grupos Operativos Transnacionais para a innovación sustentable e comercialización e márketing intelixente, o Plan estratéxico conxunto para a competitividade das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE, a Plataforma virtual para a intercooperación e fomento de prácticas innovadoras ou o Laboratorio virtual (AgroLAB). Ademais disto, haberá asesorías técnicas á innovación tecnolóxica sustentable e á comercialización intelixente, conformarase unha Comunidade de cooperativas agroalimentarias para a intercooperación, e porase en marcha unha campaña de divulgación e promoción de prácticas innovadoras entre as cooperativas agroalimentarias, así como un programa de formación e capacitación para a innovación sustentable e comercialización intelixente.

Un aspecto innovador do proxecto é abordar a innovación desde a intercooperación, como recurso clave para o investimento na posta en marcha de novas técnicas e tecnoloxías de innovación sustentable e márketing; ademais, introduce un concepto novo, a comercialización intelixente, que consiste en aproveitar o potencial das cooperativas (a calidade e o carácter endóxeno dos seus produtos) e aliñalo coa innovación, a ciencia e a tecnoloxía.

Máis información, na web específica do proxecto.