Aviso legal
Esta web é propiedade de INDA Iniciativas, S. L., NIF B-70398078, sociedade inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, domiciliada en Vilaverde 25, 15189 Culleredo, A Coruña (Galicia, España), que se dedica a realizar servizos de asesoramento, xestión e execución de axudas e subvencións, cursos de formación e organización de actividades. A mera utilización do sitio web por parte de calquera usuario implica a plena aceptación por este de todas as condicións expostas neste aviso legal. En caso de que, por algunha razón, o usuario non estea de acordo con esas condicións, deberá abandonar o sitio web sen facer uso dos seus contidos. Igualmente, o usuario comprométese a respectar a lexislación vixente, e en particular o disposto na lei 34/2002, do 11 de xullo, sobre servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. Este sitio web é de carácter informativo orientado aos negocios, e pode ser visitado por calquera que o desexe, sen máis limitación que o sometemento á lei e ás normas deste, que poderán ser modificadas sen previo aviso, coa única condición de que aparezan reflectidas neste texto ou no que como consecuencia do cambio o substituíse. O propietario do sitio web poderá excluír do acceso a este a toda persoa física ou xurídica que contraveña o especificado neste aviso legal, sen que sexan necesarias a este respecto explicacións de ningún tipo. O simple comportamento do usuario que indique a non-aceptación das condicións deste documento ou que contraveña a lei será causa suficiente de exclusión do acceso a este sitio web. En ningún caso será o propietario do sitio responsable dos contidos doutros sitios web aos que se acceda mediante ligazóns existentes neste, nin dos danos ou perdas que poida sufrir un usuario ao seguir as ligazóns existentes no sitio.
Confidencialidade
e protección de datos
INDA Iniciativas, S. L. comprométese a gardar a máxima confidencialidade en relación coa información de calquera clase recibida dos seus clientes, así como sobre as relacións con estes. Conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 (Regulamento xeral de protección de datos) e na Lei orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos de cada cliente incorporaranse a un ficheiro de datos que unicamente se utilizará para comunicarse co propio cliente, en relación cos servizos que INDA Iniciativas, S. L. preste a este, e conservarase só na medida en que sexa necesario para a prestación deses servizos e os requisitos legais establecidos. En ningún caso se facilitarán os datos dun cliente a ningunha outra persoa física nin xurídica, nin a ningún do resto dos clientes. Os seus datos persoais conservaranse durante o período da súa relación con INDA Iniciativas, S. L. e, unha vez finalizada esta, manteranse debidamente bloqueados durante o prazo de prescrición de calquera responsabilidade que puidese derivarse do tratamento e só se porán a disposición das administracións públicas, xuíces e tribunais competentes. En calquera momento poderá vostede exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade de datos e oposición ao tratamento, incluídas as decisións individuais automatizadas, dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@indainiciativas.com. Tamén lle informamos que ten o dereito de presentar unha queixa ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se INDA Iniciativas, S. L. no cumprise coas súas obrigas en materia de protección de datos.
Propiedade intelectual
INDA Iniciativas, S. L. é a propietaria deste sitio web e a responsable dos seus contidos. Non se fai responsable, porén, dos contidos a que as persoas usuarias poidan acceder a través de ligazóns de terceiros que se inclúan no sitio web.
Deseño web realizado a partir de X Theme con licenza. Imaxes de Freepik utilizadas con licenza. Fotografías retocadas de J. L. Cernadas (CC BY 2.0) e Edmar Lastra (CC BY-SA 3.0 ES).