Algúns dos nosos proxectos


Desde 2014, INDA Iniciativas ten traballado dentro dos diferentes programas da Unión Europea, como COSME, Horizon 2020, ERASMUS+, Europa Creativa, Europa cos Cidadáns, Interreg etcétera. Nesta sección destacamos só algúns dos diferentes proxectos realizados.

Image

Cooperativismo e xuventude

Desenvolvida para a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o programa contou cunha serie de catro xornadas entre novembro e decembro de 2014.

Dirixidas a mozos e mozas en busca de emprego, desenvolvéronse en Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo, e incluían intervencións de diversos especialistas.

INDA Iniciativas encargouse da xestión global do proxecto, o que incluíu ademais a produción dunha guía de 24 páxinas acerca do cooperativismo e as súas vantaxes para a xuventude.

documentos

Descarga da guía
Cooperativismo e xuventude
(PDF, 5,5 MB)

AGROSMARTcoop

Xestión do proxecto para AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) para o programa Interreg SUDOE 2014-2020, cun orzamento total de 1.295.000 euros. O proxecto desenvolveuse entre xullo de 2016 e xuño de 2018, e abranguía 6 rexións do SUDOE, buscando paliar as desvantaxes das súas zonas rurais, así como favorecer o desenvolvemento e a cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar as cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas e mellorar a súa competitividade.

O obxectivo principal foi crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente dotado de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación. Un consorcio internacional conformado por oito entidades beneficiarias foi responsable do proxecto.

INDA Iniciativas encargouse da tramitación, da xestión económico-financeira e técnica e do soporte na comunicación (deseño da imaxe, plan de comunicación etc.) do proxecto. O seu éxito deu lugar ao novo proxecto AGROSMARTglobal en 2019.

documentos


Image
Image

YouthNest.crea

Xestión do proxecto para o Concello de Vedra. O seu obxectivo final era o desenvolvemento dun ecosistema virtual e presencial de apoio, asesoramento, estímulo, formación e de oportunidades de plasmar ideas innovadoras de cara ao empoderamento da xente nova no seu desenvolvemento profesional. Tamén fomentou a cultura emprendedora dirixida a acadar oportunidades de autoemprego, con especial atención ao emprendemento creativo no rural europeo. Promovido no marco do programa ERASMUS+ 2014-2020 (Acción Clave 2), a subvención total do proxecto foi de 144.161 euros, e levouse adiante entre setembro de 2017 e agosto de 2019.

O proxecto consistiu na creación dunha rede multidisciplinar e transnacional integrada por profesionais de seis entidades de diferentes países da UE. A rede serviu para establecer as bases dunha incubadora transnacional, e desenvolveu en conxunto metodoloxías, mecanismos, ferramentas e contidos innovadores e de alta calidade, ademais de implementar un programa de accións piloto.

INDA Iniciativas encargouse da tramitación e xestión global do proxecto.

documentos


ERN4mob

ERN4mob (European Rural Network
for Job Mobility) é un proxecto europeo promovido polo Concello de Vimianzo no marco do programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 (Medida 2.2), que buscaba conectar as persoas de diferentes países da UE e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, e para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través
da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural.

No proxecto participaron 20 municipios rurais de 6 países distintos da UE, que desenvolveron actividades de participación cidadá para sentar as bases desa rede rural europea.  Contou cunha subvención total de 127.500 euros e estendeuse desde xaneiro de 2016 ata decembro de 2017.

INDA Iniciativas encargouse da tramitación e xestión global do proxecto.

Documentos


Image
Image

#EuSAVE

Xestión do proxecto para o Concello de Vimianzo. O obxectivo do proxecto é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas vilas, promovendo accións de compromiso social e
definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial
deses territorios históricos, como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.

No proxecto participan 40 pequenos municipios rurais de menos de 10.000 habitantes, de oito países diferentes, pertencentes ás catro áreas de Europa. Durante un período de dous anos, os grupos de traballo temáticos transnacionais levan a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá no marco da rede europea de vilas históricas intelixentes creada polo proxecto. A través destas accións, desenvolverase un mapeamento de boas prácticas das iniciativas de éxito que xorden das sinerxías entre a innovación social e o patrimonio cultural. O proxecto desenvólvese entre xaneiro de 2019 e decembro de 2020.

INDA Iniciativas encárgase da tramitación e xestión global do proxecto.

documentos


AGROSMARTglobal

Xestión do proxecto para AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) para o programa Interreg SUDOE 2014-2020, cun orzamento total de 1.598.000 euros.

Desenvólvese entre outubro de 2019 e setembro de 2022, abrangue 10 rexións do SUDOE e pretende paliar as desvantaxes das zonas rurais e favorecer o seu desenvolvemento e a súa cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións
transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar as cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas de cara a mellorar a competitividade mediante a creación e a consolidación de redes e servizos de apoio á internacionalización. O seu obxectivo principal é consolidar o espazo para a interconexión, interacción e competitividade das cooperativas agroalimentarias do SUDOE a través do desenvolvemento de procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente mediante estratexias de marketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial. Un consorcio internacional conformado por 10 entidades beneficiarias é responsable do proxecto.

INDA Iniciativas encárgase da tramitación, da xestión económico-financeira e técnica e do soporte na comunicación (deseño da imaxe, plan de comunicación etc.) do proxecto.

documentos


Image