Acerca de nós
INDA Iniciativas é unha empresa especializada en financiamento público (programas europeos, axudas e subvencións), composta por profesionais de ámbitos complementarios (emprendemento e competitividade empresarial, asuntos sociais, medio ambiente, industrias culturais e creativas etc.) nun equipo interdisciplinar, co obxectivo de ofrecer solucións e alternativas resilientes e sustentables a longo prazo.
Creada en xaneiro de 2014, e con clara vocación europea, a nosa empresa ofrece servizos de consultoría de alta calidade, especializados e personalizados. A maior parte da súa actividade céntrase na tramitación, na xestión, na avaliación e na divulgación de proxectos europeos.
INDA Iniciativas conta con anos de experiencia en asesorar e acompañar con éxito no deseño e a execución de proxectos europeos promovidos por entidades públicas e privadas españolas, dentro dos diferentes programas da Unión Europea, como COSME, Horizon 2020, ERASMUS+, Europa Creativa, Europa cos Cidadáns, Interreg etc.
Centramos os nosos recursos técnicos e humanos en proporcionar servizos de consultoría de alto valor engadido para as solucións técnicas e financeiras de todo tipo de proxectos de investimento.
que ofrecemos
Por que nós?
especialización

Cada vez máis entidades públicas e privadas ven nas axudas, subvencións e fondos europeos unha fonte de financiamento para os seus proxectos. Non obstante, a complexidade dos proxectos de financiamento público fai necesario contar con profesionais especializados na súa xestión integral, e iso é o que ofrecemos desde INDA Iniciativas.
corresponsabilidade

Ofrecemos servizos personalizados e de alta calidade a prezos moi competitivos, apoiando o proxecto en todas as súas etapas (desde a identificación da liña de financiamento, o deseño da idea do proxecto, a busca de socios e a solicitación, ata todos os procesos relacionados coa obtención dunha subvención e a finalización do proxecto).
Compartimos (asumimos) sempre parte do risco.
Os nosos clientes poden contar coa nosa axuda e o noso compromiso en todo momento, para sentirse confiados e seguros en cada paso que realicen. A corresponsabilidade forma parte da nosa filosofía.
experiencia

Temos ampla experiencia en proxectos europeos. Durante estes anos temos colaborado e preparado multitude de proxectos en campos como emprendemento e competitividade empresarial, innovación, economía social, agroalimentario, turismo, desenvolvemento rural, medio ambiente, inclusión social, cultura ou xuventude.
rede de colaboradores

Dispomos dunha rede de colaboradores moi ampla e fiable a nivel europeo, o que nos permite encontrar os aliados máis idóneos para cada proxecto, en todo momento, e construír consorcios e alianzas estratéxicas que perduren no tempo. Ademais, a cooperación transnacional axuda a adquirir e compartir coñecementos e experiencias, desenvolver novas ideas e innovar; en definitiva, optimizar a capacidade competitiva e de resiliencia.
Moitas autoridades públicas, universidades, organismos sen ánimo de lucro e empresas privadas xa teñen confiado en nós e decidiron poñer en marcha proxectos internacionais.
Clientes e colaboradores
INDA Iniciativas colabora con autoridades públicas rexionais e locais, universidades e centros de investigación, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas españolas e europeas.
unha rede internacional
Traballamos con multitude de entidades localizadas en toda Europa. Contamos cunha extensa rede de contactos que nos permite crear consorcios, redes e alianzas estratéxicas internacionais, compostas por entidades comprometidas e experimentadas.
Nos nosos proxectos, seleccionamos coidadosamente cada socio, porque cremos que unha boa cooperación é a clave do éxito.