Os nosos servizos
Xestión de axudas, subvencións e proxectos europeos
(EN, GL, ES, IT, PL, RO)

> Asesoramento na identificación de financiamento para todo tipo de proxectos
> Tramitación de axudas, subvencións e proxectos europeos e de calquera ámbito territorial e en varios idiomas
- Deseño da idea de proxecto
- Busca de socios e creación de consorcios e redes internacionais
- Elaboración da proposta de proxecto (formularios de candidatura)
> Coordinación, xestión e seguimento de proxectos
- Reformulación de candidaturas de proxectos
- Organización de reunións internacionais de posta en marcha (kickoff meetings) e de seguimento de proxectos
- Coordinación do consorcio e seguimento do proxecto
- Xestión administrativo-económica do proxecto
> Avaliación de proxectos europeos
- Planificación do sistema de avaliación
- Elaboración de ferramentas e informes de avaliación
Comunicación e difusión
DE PROGRAMAS E PROXECTOS

> Elaboración de plans de comunicación e difusión
> Deseño de plans de transferencia e capitalización de resultados
> Deseño da identidade visual
> Comunicación de prensa; materiais de difusión e promoción; produción e preparación de textos e documentación
> Organización de accións de difusión e capitalización de resultados
> Dinamización a través das redes sociais
> Organización e xestión de encontros, reunións e congresos de tipo nacional e internacional
Outros servizos

> Elaboración de plans, programas, estudos, investigacións e informes nos ámbitos de desenvolvemento económico, social e cultural
> Preparación, xestión e impartición de cursos de formación
- Formación en análise de oportunidades de financiamento
- Formación en preparación e xestión administrativa e financeira de proxectos europeos
O noso equipo
O noso equipo está conformado por persoas apaixonadas, para as que os programas europeos non ocultan segredos. Temos ampla experiencia no deseño e a posta en marcha de proxectos internacionais, experiencia que gañamos traballando durante cada proxecto, con diferentes organismos públicos e privados europeos. Desde os comezos de INDA Iniciativas, podemos estar orgullosos de moitos éxitos e a confianza dos nosos clientes.
Os nosos puntos fortes son a motivación, o compromiso, a profesionalidade e o moi bo coñecemento sobre o financiamento público na Unión Europea.
En cada servizo, asignamos un equipo especializado, que é capaz de:
Transformar unha idea
nunha candidatura de éxito, identificando a liña de financiamento máis adecuada para cada proxecto;
Guiar na coordinación
e na xestión técnica e económica de cada proxecto, ofrecendo un apoio integral e personalizado;
Buscar a sustentabilidade
de cada proxecto, realizando tarefas de capitalización e divulgación de resultados.
Buscando sempre a excelencia, connosco, cada paso é claro e fácil.
Falamos inglés con fluidez (ademais doutros catro idiomas) e ofrecemos asistencia para traducir e preparar os documentos necesarios para a execución do proxecto con éxito. Temos a formación necesaria, que é a clave do éxito dos nosos proxectos. O noso equipo pode presumir de moitos anos de experiencia internacional gañada en varias entidades europeas. Podemos cumprir con todas as expectativas e adaptar cada proxecto individualmente ás necesidades dos nosos clientes.
Quen somos
Algúns dos nosos proxectos




INDA Iniciativas ten traballado dentro dos diferentes programas da Unión Europea, como COSME, Horizon 2020, ERASMUS+, Europa Creativa, Europa cos Cidadáns, Interreg etc. Consulte aquí máis información.
Os nosos proxectos