{"id":4550,"date":"2015-03-04T17:35:31","date_gmt":"2015-03-04T16:35:31","guid":{"rendered":"http:\/\/indainiciativas.com\/?p=4550"},"modified":"2024-03-18T11:04:14","modified_gmt":"2024-03-18T10:04:14","slug":"o-instrumento-peme-de-horizonte-2020","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/o-instrumento-peme-de-horizonte-2020\/","title":{"rendered":"O instrumento PEME de Horizonte 2020"},"content":{"rendered":"<p>As pemes innovadoras poder\u00edan ter un papel de grande importancia como axuda \u00e1 UE para sa\u00edr da crise econ\u00f3mica, as\u00ed como para a creaci\u00f3n de emprego. Non obstante, o potencial de comercializaci\u00f3n das soluci\u00f3ns innovadoras das pemes vese dificultado por varios obst\u00e1culos, inclu\u00edndo a non realizaci\u00f3n das probas de concepto, a dificultade de acceso ao financiamento de risco, a falta de creaci\u00f3n de prototipos, a falta de estudos progresivos etc. Por tanto, o crecemento necesita ser estimulado, aumentando os niveis de innovaci\u00f3n nas pemes, ou ben cubrindo as diferentes necesidades durante todo o ciclo da innovaci\u00f3n. O <strong>instrumento PEME<\/strong> dir\u00edxese \u00e1s pequenas e medianas empresas da UE e dos pa\u00edses asociados ao <strong><a href=\"http:\/\/ec.europa.eu\/programmes\/horizon2020\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Programa Horizonte 2020,<\/a><\/strong> e div\u00eddese en 3 fases separadas e un servizo de orientaci\u00f3n e titor\u00eda para os beneficiarios.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>A <strong>fase 1<\/strong> consiste na elaboraci\u00f3n dun estudo de viabilidade co fin de verificar a viabilidade tecnol\u00f3xica ou pr\u00e1ctica, as\u00ed como econ\u00f3mica, dunha idea ou concepto innovador que achegue un alto grao de novidade ao sector da industria en que se presenta (novos produtos, procesos, servizos e tecnolox\u00edas ou novas aplicaci\u00f3ns no mercado das tecnolox\u00edas existentes). O seu obxectivo \u00e9 avaliar a viabilidade do proxecto, con avaliaci\u00f3n de riscos, estudo de mercado, participaci\u00f3n dos usuarios, xesti\u00f3n da propiedade intelectual, desenvolvemento de estratexias de innovaci\u00f3n, busca de socios, viabilidade de concepto e similares, para establecer un proxecto s\u00f3lido de innovaci\u00f3n de alto potencial en li\u00f1a coa estratexia da empresa e de dimensi\u00f3n europea.<\/p>\n\n\n\n<p>Na <strong>fase 2,<\/strong> de demostraci\u00f3n, replicaci\u00f3n de mercado e I+D, ser\u00e1n financiados os proxectos de innovaci\u00f3n que demostren un alto potencial en termos de competitividade e crecemento da empresa, e que estean apoiados por un plan estrat\u00e9xico de negocios. O seu obxectivo \u00e9 desenvolver e demostrar a innovaci\u00f3n proposta, mediante acci\u00f3ns de innovaci\u00f3n, como demostraci\u00f3n, probas, prototipos, proxectos piloto, miniaturizaci\u00f3n, aumento sistem\u00e1tico, dese\u00f1o, aplicaci\u00f3ns comerciais e similares, para achegar unha idea innovadora (produto, proceso, servizo etc.) \u00e1 preparaci\u00f3n e madurez industrial para a introduci\u00f3n no mercado, as\u00ed como inclu\u00edr algunhas acci\u00f3ns de investigaci\u00f3n. As propostas ter\u00e1n que se basear nun plan de negocios xa elaborado a trav\u00e9s da fase 1, ou ben mediante outros medios.<\/p>\n\n\n\n<p>Na <strong>fase 3,<\/strong> de comercializaci\u00f3n, as pemes poder\u00e1n beneficiarse de medidas indirectas de apoio e servizos, as\u00ed como das facilidades financeiras ofrecidas mediante o acceso ao financiamento de risco previstas no plan de traballo do Programa Horizonte 2020. O obxectivo \u00e9 neste caso ofrecer <em>coaching<\/em> de negocios de forma gratu\u00edta. Aos beneficiarios seleccionados durante as fases 1 e 2 ofrecer\u00e1selles asesoramento e apoio, a trav\u00e9s da rede <strong><a href=\"http:\/\/een.ec.europa.eu\/services\/overview\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Enterprise Europe Network.<\/a><\/strong> Ao longo das tres fases do <strong>instrumento PEME,<\/strong> a rede complementar\u00e1 este apoio de <em>coaching,<\/em> facilitando o acceso \u00e1 s\u00faa oferta de servizos de innovaci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>O <strong>instrumento PEME<\/strong> financia pequenas e medianas empresas que operan dentro de 13 \u00e1mbitos de actuaci\u00f3n concretos: innovaci\u00f3n en TIC de alto risco, nanotecnolox\u00eda (ou outra tecnolox\u00eda avanzada para a fabricaci\u00f3n e materiais), investigaci\u00f3n e desenvolvemento espacial, investigaci\u00f3n cl\u00ednica para a validaci\u00f3n de dispositivos e biomarcadores de diagn\u00f3stico, produci\u00f3n e procesamento sostible de alimentos, crecemento azul (mar\u00edtimo), sistemas de enerx\u00eda de baixo carbono, transporte m\u00e1is ecol\u00f3xico e m\u00e1is integrado, eco-innovaci\u00f3n e subministraci\u00f3n de materia prima sostible, infraestrutura urbana cr\u00edtica, procesos industriais baseados na biotecnolox\u00eda, aplicaci\u00f3ns de goberno electr\u00f3nico para m\u00f3biles e innovaci\u00f3n dos modelos de negocio para as pemes.<\/p>\n\n\n\n<p>O orzamento na <strong>fase 1<\/strong> ser\u00e1 como m\u00e1ximo de <strong>50&nbsp;000 euros,<\/strong> como subvenci\u00f3n a fondo perdido, cun financiamento do 70&nbsp;% por parte da UE e cunha duraci\u00f3n de seis meses. Polo que respecta \u00e1 <strong>fase 2,<\/strong> o orzamento poder\u00e1 estar <strong>entre o medio mill\u00f3n e os 2,5 mill\u00f3ns de euros,<\/strong> como subvenci\u00f3ns a fondo perdido, financiada ao 70&nbsp;% pola UE, cunha duraci\u00f3n de entre 12 e 24 meses.<\/p>\n\n\n\n<p>As convocatorias est\u00e1n abertas todo o ano, pero as pr\u00f3ximas datas de corte para as fases 1 e 2 son o <strong>18 de marzo de 2015,<\/strong> s <strong>17 de xu\u00f1o de 2015,<\/strong> s <strong>17 de setembro de 2015<\/strong> e o <strong>16 de decembro de 2015.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Desde <strong>INDA Iniciativas<\/strong> xestionamos estas axudas e axud\u00e1moslle a desenvolver o proxecto para a s\u00faa pequena ou mediana empresa. Cons\u00faltenos sen compromiso.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2022 <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=gS-dSP8VPDI\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">V\u00eddeo explicativo de Horizonte 2020 (eshorizonte2020.es)<\/a><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As pemes innovadoras poder\u00edan ter un papel de grande importancia [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":1,"featured_media":4556,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,3],"tags":[],"class_list":["post-4550","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias","category-programas-europeos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4550","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4550"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4550\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5868,"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4550\/revisions\/5868"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4556"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4550"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4550"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/indainiciativas.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4550"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}