Comparte!
InnovateAccelerate Europe: open your business to Europe
Queres colaborar con pequenos produtores irlandeses de alimentación e bebidas? A Covid fíxoche buscar formas alternativas de crecer e mellorar o teu negocio? Nese caso, esta iniciativa europea de apoio á comercialización e internacionalización é para ti!
O programa piloto InnovateAccelerate Europe é un programa irlandés para manter unha colaboración comercial entre empresas de alimentación e bebidas situadas en Irlanda do Norte e a República de Irlanda e emprendedores de España, Alemaña e Italia. O programa céntrase nas pequenas empresas de alimentación e bebidas que busquen novas formas de ampliar o seu negocio, vender os seus produtos ou buscar provedores fóra de Irlanda.
Os empresarios españois poden cooperar con empresas irlandesas especializadas na fabricación de cervexa e whisky, comidas preparadas e refrixeradas, mostazas e xeados especializados, chocolates artesanais de luxo e chocolates sen azucre, produtos científicos de nutrición a base de plantas, café tostado, infusións e mesturas de té a granel, licores e doces irlandeses e outros produtos (ver a lista a continuación). A través da nosa rede, poderás participar nunha reunión en liña con empresas en Irlanda, e desta maneira atopar futuros socios comerciais.
As vantaxes da participación no programa son as seguintes:
- conseguir unha nova rede de contactos;
- coñecelos produtos das empresas de alimentos e bebidas irlandesas e introducilos no mercado español;
- conseguir novos clientes, como provedor de materias primas;
- internacionalizar o teu negocio.
Sabíalo? Para o comercio de alimentos e bebidas coa Unión Europea, Irlanda do Norte foi designada como parte do Mercado Único con arranxo ao Protocolo do Acordo de Retirada do Reino Unido da UE. As empresas con sede alí poderán seguir realizando libremente relacións comerciais co resto da Unión despois do Brexit.
Para obter máis información sobre o programa e futuras cooperacións, ponche en contacto connosco: info@indainiciativas.com
A data límite para establecer unha cooperación comercial é o 31 de marzo de 2021.
Esta é a lista de 21 empresas irlandesas que participan no programa:
- Koffy | Galardoados produtores de café tostado | koffy.ie
- Just Good Grub | Restaurante: comida refrixeradora de calidade | justgoodgrub.com
- Ballydougherty | Xeados caseiros
- Beer Hut Brewing | Fabricación de cervexa Micro IPA / India pale ale (IPA) | beerhutbrewing.shop
- Whiskey Micro Brewery | Destilería de whisky
- Matt D’Arcy | Destilería de whisky | mattdarcys.com
- Dr Conor Kerley | Produtos científicos de nutrición a base de plantas | bit.ly/DrConorKerley
- Mc Entee’s Tea | Infusións e mesturas de té a granel | mcenteesteastea.ie
- Listoke Gin | Destilería. Visitas guiadas e talleres de elaboración de Listoke Gin 1777 | listokedistillery.ie
- Great Northern Larder | Salsas e complementos para barbacoa con ingredientes irlandeses locais e frescos | greatnorthernlarder.com
- Kookee | Empresa artesanal familiar especializada en produción de masa de galleta conxelada de gran calidade | kookee.ie
- Lily’s Tea | Produtores de follas de té de gran calidade de los mellores cultivos de té de China| lilystea.ie
- Spoonful Botanical | Mestura de 14 herbas naturais fermentadas de forma natural, utilizada como antiinflamatorio | spoonfulbotanical.com
- A Bit on the Side | Premiados produtores de marmeladas para condimento | abitontheside.ie
- Coole Swan | Produtores de un premiado licor de crema irlandés | cooleswan.com
- Newgrange Fine Foods | Produtores y provedores de sopas y salsas frescas | newgrangefinefoods.ie
- Phoneix Delite | Produtores de chocolates artesanais de luxo e chocolates sin azucre | phoenixdelite.ie
- Killua Castle Foods | Produtores de carne de cervo e cordeiro | boynevalleyflavours.ie
- What’s for Pudding | Produtores de premiados sobremesas irlandeses | whatsforpudding.ie
- Lick Gelato | Produtores de xeados de estilo italiano | lickgelato.com
- Grá Bia | Produtores salsas picantes e agridoces artesanais de gran calidade | gra-bia.co.uk