INDA Iniciativas, S. L. comprométese a gardar a máxima confidencialidade en relación coa información de calquera clase recibida dos seus clientes, así como sobre as relacións con estes. Conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 (Regulamento xeral de protección de datos) e na Lei orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos de cada cliente incorporaranse a un ficheiro de datos que unicamente se utilizará para comunicarse co propio cliente, en relación cos servizos que INDA Iniciativas, S. L. preste a este, e conservarase só na medida en que sexa necesario para a prestación deses servizos e os requisitos legais establecidos. En ningún caso se facilitarán os datos dun cliente a ningunha outra persoa física nin xurídica, nin a ningún do resto dos clientes.  Os seus datos persoais conservaranse durante o período da súa relación con INDA Iniciativas, S. L. e, unha vez finalizada esta, manteranse debidamente bloqueados durante o prazo de prescrición de calquera responsabilidade que puidese derivarse do tratamento e só se porán a disposición das administracións públicas, xuíces e tribunais competentes. En calquera momento poderá vostede exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade de datos e oposición ao tratamento, incluídas as decisións individuais automatizadas, dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@indainiciativas.com. Tamén lle informamos que ten o dereito de presentar unha queixa ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se INDA Iniciativas, S. L. no cumprise coas súas obrigas en materia de protección de datos.

Propiedade intelectual

INDA Iniciativas, S. L. é a propietaria deste sitio web e a responsable dos seus contidos. Non se fai responsable, porén, dos contidos a que as persoas usuarias poidan acceder a través de ligazóns de terceiros que se inclúan no sitio web.
Deseño web realizado a partir de X Theme con licenza. Imaxes de Freepik utilizadas con licenza. Fotografías retocadas de J. L. Cernadas (CC BY 2.0) e Edmar Lastra (CC BY-SA 3.0 ES).