Os nosos servizos

Xestión de axudas, subvencións e proxectos europeos

  • Para axudas en inglés, galego, español, italiano e portugués

  • Asesoramento na identificación de financiamento para todo tipo de proxectos
  • Tramitación de axudas, subvencións e proxectos europeos e de calquera ámbito territorial e en varios idiomas

    • Deseño da idea de proxecto
    • Busca de socios e creación de consorcios e redes internacionais
    • Elaboración da proposta de proxecto (formularios de candidatura)
  • Coordinación, xestión e seguimento de proxectos.

    • Reformulación de candidaturas de proxectos
    • Organización de reunións internacionais de posta en marcha (kickoff meetings) e de seguimento de proxectos
    • Coordinación do consorcio e seguimento do proxecto
    • Xestión administrativo-económica do proxecto
  • Avaliación de proxectos europeos

    • Planificación do sistema de avaliación
    • Elaboración de ferramentas e informes de avaliación

Comunicación e difusión

de programas e proxectos

  • Elaboración de plans de comunicación e difusión
  • Deseño de plans de transferencia e capitalización de resultados

  • Deseño da identidade visual

  • Comunicación de prensa; materiais de difusión e promoción; produción e preparación de textos e documentación

  • Organización de accións de difusión e capitalización de resultados

  • Dinamización a través das redes sociais

  • Organización e xestión de encontros, reunións e congresos de tipo nacional e internacional

Outros servizos

Estratexia
  • Elaboración de plans, programas, estudos, investigacións e informes nos ámbitos de desenvolvemento económico, social e cultural

  •  Preparación, xestión e impartición de cursos de formación

    • Formación en análise de oportunidades de financiamento
    • Formación en preparación e xestión administrativa e financeira de proxectos europeos

O noso equipo

O noso equipo está conformado por persoas apaixonadas, para as que os programas europeos non ocultan segredos. Temos ampla experiencia no deseño e a posta en marcha de proxectos internacionais, experiencia que gañamos traballando durante cada proxecto, con diferentes organismos públicos e privados europeos. Desde os comezos de INDA Iniciativas, podemos estar orgullosos de moitos éxitos e a confianza dos nosos clientes.

Os nosos puntos fortes son a motivación, o compromiso, a profesionalidade e o moi bo coñecemento sobre o financiamento público na Unión Europea.

En cada servizo, asignamos un equipo especializado, que é capaz de:

Transformar unha idea

nunha candidatura de éxito, identificando a liña de financiamento máis adecuada para cada proxecto;

Guiar na coordinación

e na xestión técnica e económica de cada proxecto, ofrecendo un apoio integral e personalizado;

Buscar a sustentabilidade

de cada proxecto, realizando tarefas de capitalización e divulgación de resultados.

Buscando sempre a excelencia, connosco, cada paso é claro e fácil.

Falamos inglés con fluidez (ademais doutros catro idiomas) e ofrecemos asistencia para traducir e preparar os documentos necesarios para a execución do proxecto con éxito. Temos a formación necesaria, que é a clave do éxito dos nosos proxectos. O noso equipo pode presumir de moitos anos de experiencia internacional gañada en varias entidades europeas. Podemos cumprir con todas as expectativas e adaptar cada proxecto individualmente ás necesidades dos nosos clientes.

ComunicaciónXestiónEventos

INDA Iniciativas ten traballado dentro dos diferentes programas da Unión Europea, como COSME, Horizon 2020, ERASMUS+, Europa Creativa, Europa cos Cidadáns, Interreg etc. Consulte aquí máis información.