Incubadora transnacional de emprendemento creativo nas zonas rurais europeas

YouthNest.crea

Xestión do proxecto para o Concello de Vedra. O seu obxectivo final era o desenvolvemento dun ecosistema virtual e presencial de apoio, asesoramento, estímulo, formación e de oportunidades de plasmar ideas innovadoras de cara ao empoderamento da xente nova no seu desenvolvemento profesional. Tamén fomentou a cultura emprendedora dirixida a acadar oportunidades de autoemprego, con especial atención ao emprendemento creativo no rural europeo. Promovido no marco do programa ERASMUS+ 2014-2020 (Acción Clave 2), a subvención total do proxecto foi de 144.161 euros, e levouse adiante entre setembro de 2017 e agosto de 2019.

O proxecto consistiu na creación dunha rede multidisciplinar e transnacional integrada por profesionais de seis entidades de diferentes países da UE. A rede serviu para establecer as bases dunha incubadora transnacional, e desenvolveu en conxunto metodoloxías, mecanismos, ferramentas e contidos innovadores e de alta calidade, ademais de implementar un programa de accións piloto.

INDA Iniciativas encargouse da tramitación e xestión global do proxecto.