Acerca de nós

INDA Iniciativas é unha empresa especializada en financiamento público (programas europeos, axudas e subvencións), composta por profesionais de ámbitos complementarios (emprendemento e competitividade empresarial, asuntos sociais, medio ambiente, industrias culturais e creativas etc.) nun equipo interdisciplinar, co obxectivo de ofrecer solucións e alternativas resilientes e sustentables a longo prazo.

Creada en xaneiro de 2014, e con clara vocación europea, a nosa empresa ofrece servizos de consultoría de alta calidade, especializados e personalizados. A maior parte da súa actividade céntrase na tramitación, na xestión, na avaliación e na divulgación de proxectos europeos.

INDA Iniciativas conta con anos de experiencia en asesorar e acompañar con éxito no deseño e a execución de proxectos europeos promovidos por entidades públicas e privadas españolas, dentro dos diferentes programas da Unión Europea, como COSME, Horizon 2020, ERASMUS+, Europa Creativa, Europa cos Cidadáns, Interreg etc.

Centramos os nosos recursos técnicos e humanos en proporcionar servizos de consultoría de alto valor engadido para as solucións técnicas e financeiras de todo tipo de proxectos de investimento.

Por que nós?

Especialización

Xestión integral

Cada vez máis entidades públicas e privadas ven nas axudas, subvencións e fondos europeos unha fonte de financiamento para os seus proxectos. Non obstante, a complexidade dos proxectos de financiamento público fai necesario contar con profesionais especializados na súa xestión integral, e iso é o que ofrecemos desde INDA Iniciativas.

Corresponsabilidade

Servizos personalizados

Ofrecemos servizos personalizados e de alta calidade a prezos moi competitivos, apoiando o proxecto en todas as súas etapas (desde a identificación da liña de financiamento, o deseño da idea do proxecto, a busca de socios e a solicitación, ata todos os procesos relacionados coa obtención dunha subvención e a finalización do proxecto).

Compartimos (asumimos) sempre parte do risco.

Os nosos clientes poden contar coa nosa axuda e o noso compromiso en todo momento, para sentirse confiados e seguros en cada paso que realicen. A corresponsabilidade forma parte da nosa filosofía.

Experiencia

Experiencia en proxectos europeos

Temos ampla experiencia en proxectos europeos. Durante estes anos temos colaborado e preparado multitude de proxectos en campos como emprendemento e competitividade empresarial, innovación, economía social, agroalimentario, turismo, desenvolvemento rural, medio ambiente, inclusión social, cultura ou xuventude.

Rede de colaboradores

Eede de colaboradores moi ampla e fiable

Dispomos dunha rede de colaboradores moi ampla e fiable a nivel europeo, o que nos permite encontrar os aliados máis idóneos para cada proxecto, en todo momento, e construír consorcios e alianzas estratéxicas que perduren no tempo. Ademais, a cooperación transnacional axuda a adquirir e compartir coñecementos e experiencias, desenvolver novas ideas e innovar; en definitiva, optimizar a capacidade competitiva e de resiliencia.

Moitas autoridades públicas, universidades, organismos sen ánimo de lucro e empresas privadas xa teñen confiado en nós e decidiron poñer en marcha proxectos internacionais.

 

Clientes e colaboradores

INDA Iniciativas colabora con autoridades públicas rexionais e locais, universidades e centros de investigación, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas españolas e europeas.

Unha rede internacional

Traballamos con multitude de entidades localizadas en toda Europa. Contamos cunha extensa rede de contactos que nos permite crear consorcios, redes e alianzas estratéxicas internacionais, compostas por entidades comprometidas e experimentadas.

Nos nosos proxectos, seleccionamos coidadosamente cada socio, porque cremos que unha boa cooperación é a clave do éxito.

 

Xunta de Galicia • Universidade da Coruña • Universidad de Castilla-La Mancha • Concello de Santiago de Compostela • Concello de Vedra • Concello de Vimianzo • Concello de Carral • Concello de Camariñas • Concello de Ribadavia • FOROESGAL • AGACA • Cooperativas Agro-alimentarias de Castilla-La Mancha • AFIPRODEL • Fundación María José Jove • Fundación Uxío Novoneyra

Irish Co-operative Organisation Society – ICOS (IE) • Hamburg Institute of International Economics (DE) • Newry and Mourne Co-operative and Enterprise Agency (UK) • WIN Consultants Ltd (IE) • Meath County Council (IE) • AREPO (FR) • La Coopération Agricole Nouvelle Aquitaine (FR) • CONFAGRI (PT) • Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro – UTAD (PT) • Foundation Business Development Friesland (NL) •
Stichting Incubator (NL) • Seminario Permanente di Studi Internazionali – SSIP (IT) • Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura (ES) • Local action group Zagorje – Sutla (HR) • EuLABTech (IT) • Timesis Srl (IT) • Consiliul Județean Timiș (RO) • Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo (PT) • Provincia di Lucca (IT) • Comune di Capannori (IT) • Comune di Prato (IT) •
Zemplinske Hamre (SK) • Kostryn nad Odra (PL) • Regional Business Innovation Centre Strumica –BICSR (MK) • Association for Social Cooperatives – SNRSS (PL) • Authority for Cooperative Societies – ACS (CY) • Latvijas Lauku Konsultaciju un Izgilitibas – LLKC (LV) • Atlantis Engineering (GR) • Bolyarovo Municipality (BG) • Agency for Rural Development of Zadar County (HR) • Surf Clube de Viana (PT) • Municipality of Dagdas (LV) • Unione dei Comuni della Grecia Salentina (IT) • Mucipality of Berovo (MK) • SPES GmbH (AT) • Aktiivinen Eurooppalainen Kansalainen Suomi Ry (FI) • Consiliul Judetean Alba (RO) • Federazione Trentina della Cooperazione (IT) • European think & do tank Pour la solidarité (BE)

Rede Europea