Esta web é propiedade de INDA Iniciativas, S. L., NIF B-70398078, sociedade inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, domiciliada en Vilaverde 25, 15189 Culleredo, A Coruña (Galicia, España), que se dedica a realizar servizos de asesoramento, xestión e execución de axudas e subvencións, cursos de formación e organización de actividades. A mera utilización do sitio web por parte de calquera usuario implica a plena aceptación por este de todas as condicións expostas neste aviso legal. En caso de que, por algunha razón, o usuario non estea de acordo con esas condicións, deberá abandonar o sitio web sen facer uso dos seus contidos. Igualmente, o usuario comprométese a respectar a lexislación vixente, e en particular o disposto na lei 34/2002, do 11 de xullo, sobre servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. Este sitio web é de carácter informativo orientado aos negocios, e pode ser visitado por calquera que o desexe, sen máis limitación que o sometemento á lei e ás normas deste, que poderán ser modificadas sen previo aviso, coa única condición de que aparezan reflectidas neste texto ou no que como consecuencia do cambio o substituíse. O propietario do sitio web poderá excluír do acceso a este a toda persoa física ou xurídica que contraveña o especificado neste aviso legal, sen que sexan necesarias a este respecto explicacións de ningún tipo. O simple comportamento do usuario que indique a non-aceptación das condicións deste documento ou que contraveña a lei será causa suficiente de exclusión do acceso a este sitio web. En ningún caso será o propietario do sitio responsable dos contidos doutros sitios web aos que se acceda mediante ligazóns existentes neste, nin dos danos ou perdas que poida sufrir un usuario ao seguir as ligazóns existentes no sitio.