Conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns

ERN4mob

ERN4mob (European Rural Network
for Job Mobility) é un proxecto europeo promovido polo Concello de Vimianzo no marco do programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 (Medida 2.2), que buscaba conectar as persoas de diferentes países da UE e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, e para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través
da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural.

No proxecto participaron 20 municipios rurais de 6 países distintos da UE, que desenvolveron actividades de participación cidadá para sentar as bases desa rede rural europea.  Contou cunha subvención total de 127.500 euros e estendeuse desde xaneiro de 2016 ata decembro de 2017.

INDA Iniciativas encargouse da tramitación e xestión global do proxecto.