Rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas vilas
#EuSAVE
Xestión do proxecto para o Concello de Vimianzo. O obxectivo do proxecto é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas vilas, promovendo accións de compromiso social e definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos, como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.
No proxecto participan 40 pequenos municipios rurais de menos de 10.000 habitantes, de oito países diferentes, pertencentes ás catro áreas de Europa. Durante un período de dous anos, os grupos de traballo temáticos transnacionais levan a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá no marco da rede europea de vilas históricas intelixentes creada polo proxecto. A través destas accións, desenvolverase un mapeamento de boas prácticas das iniciativas de éxito que xorden das sinerxías entre a innovación social e o patrimonio cultural. O proxecto desenvólvese entre xaneiro de 2019 e decembro de 2020.
INDA Iniciativas encárgase da tramitación e xestión global do proxecto.