Espazo para a competitividade, promoción e expansión internacional intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE
AGROSMARTcoop
Xestión do proxecto para AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) para o programa Interreg SUDOE 2014-2020, cun orzamento total de 1.295.000 euros. O proxecto desenvolveuse entre xullo de 2016 e xuño de 2018, e abranguía 6 rexións do SUDOE, buscando paliar as desvantaxes das súas zonas rurais, así como favorecer o desenvolvemento e a cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar as cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas e mellorar a súa competitividade.
O obxectivo principal foi crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente dotado de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación. Un consorcio internacional conformado por oito entidades beneficiarias foi responsable do proxecto.
INDA Iniciativas encargouse da tramitación, da xestión económico-financeira e técnica e do soporte na comunicación (deseño da imaxe, plan de comunicación etc.) do proxecto. O seu éxito deu lugar ao novo proxecto AGROSMARTglobal en 2019.