Xestión do proxecto para AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) para o […]

AGROSMARTglobal

Xestión do proxecto para AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) para o programa Interreg SUDOE 2014-2020, cun orzamento total de 1.598.000 euros.

Desenvólvese entre outubro de 2019 e setembro de 2022, abrangue 10 rexións do SUDOE e pretende paliar as desvantaxes das zonas rurais e favorecer o seu desenvolvemento e a súa cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións
transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar as cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas de cara a mellorar a competitividade mediante a creación e a consolidación de redes e servizos de apoio á internacionalización. O seu obxectivo principal é consolidar o espazo para a interconexión, interacción e competitividade das cooperativas agroalimentarias do SUDOE a través do desenvolvemento de procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente mediante estratexias de marketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial. Un consorcio internacional conformado por 10 entidades beneficiarias é responsable do proxecto.

INDA Iniciativas encárgase da tramitación, da xestión económico-financeira e técnica e do soporte na comunicación (deseño da imaxe, plan de comunicación etc.) do proxecto.