Proxecto AGROSMARTglobal

INDA Iniciativas está a xestionar este proxecto para AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) dentro do programa Interreg SUDOE 2014-2020, cun orzamento total de 1.598.000 euros.

AGROSMARTglobal desenvólvese entre outubro de 2019 e setembro de 2022, abrangue 10 rexións do SUDOE e pretende paliar as desvantaxes das zonas rurais e favorecer o seu desenvolvemento e a súa cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións
transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar as cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas de cara a mellorar a competitividade mediante a creación e a consolidación de redes e servizos de apoio á internacionalización. O seu obxectivo principal é consolidar o espazo para a interconexión, interacción e competitividade das cooperativas agroalimentarias do SUDOE a través do desenvolvemento de procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente mediante estratexias de marketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial. Un consorcio internacional conformado por 10 entidades beneficiarias é responsable do proxecto.

Os obxectivos específicos do proxecto AGROSMARTglobal son:

  1. Apoiar a internacionalización dixital das cooperativas agroalimentarias do SUDOE, aproveitando as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías
    e a evolución do comercio electrónico a nivel internacional.
  2. Favorecer o posicionamento dos produtos agroalimentarios das cooperativas do espazo SUDOE no mercado internacional, apostando
    polo seu carácter endóxeno e a calidade, e protexendo os produtos con Denominación de Orixe (DO), Indicación Xeográfica (IX) e ecolóxicos
    en Internet.
  3. Fortalecer a asociación do tecido cooperativo agroalimentario do SUDOE e a creación de alianzas con profesionais no mercado destino co obxecto de facilitar a promoción e a expansión internacional, a través da cooperación interempresarial e o networking.

Os produtos do proxecto beneficiarán principalmente as cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE e consistirán en:

• Plan Estratéxico Conxunto para a internacionalización dixital das pequenas e medianas cooperativas agrarias do territorio SUDOE;
• Consultoría técnica para a internacionalización dixital;
• Proxectos piloto de internacionalización dixital;
• Programa conxunto de formación e capacitación en internacionalización dixital;
• Campaña conxunta para a promoción e o posicionamento internacional dos produtos das cooperativas agroalimentarias.

O principal aspecto innovador do proxecto está en facer uso de Internet para exportar, a comercialización intelixente. O proxecto introduce a internacionalización dixital das cooperativas do espazo SUDOE; é o primeiro proxecto que tratará de apoiar o perfeccionamento das condicións de internacionalización e posicionamento dos seus produtos a través do uso das novas tecnoloxías, así como abordar a internacionalización desde
a cooperación, como recurso clave para poñer en marcha mecanismos e servizos avanzados de apoio, e estratexias de comercialización internacional intelixente orientadas a mercados como China e EE. UU.

INDA Iniciativas encárgase da tramitación, da xestión económico-financeira e técnica e do soporte na comunicación (deseño da imaxe, plan de comunicación etc.) do proxecto.