Comparte!

O proxecto DIGECP lanza a súa primeira ‘newsletter’ informativa

3 de Xullo de 2025 | Noticias, Programas europeos |

O proxecto DIGECP vén de publicar o seu primeiro boletín informativo institucional, no que se presentan os seus obxectivos, a metodoloxía e as primeiras accións previstas. O boletín tamén recolle información sobre a reunión presencial de lanzamento celebrada na cidade da Coruña, onde o consorcio definiu os fitos iniciais e os mecanismos de coordinación do proxecto.

Este boletín forma parte da estratexia de comunicación do proxecto e terá unha periodicidade semestral, de forma que acadará un total de catro edicións. A iniciativa contribuirá a visibilizar os avances do Distintivo pola Igualdade de Xénero en Cidades e Vilas e a reforzar o intercambio de boas prácticas entre entidades locais. A primeira edición xa está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

A primeira edición xa está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: [arquivo ZIP, 4 MB].

Leave A Comment