Comparte!

Proxecto YouthNest.crea

17 de Novembro de 2017 | Noticias, Programas europeos |

YouthNest.crea, «Incubadora transnacional de emprendemento creativo no rural europeo», é un proxecto europeo dirixido á xuventude, que ten como obxectivo final o desenvolvemento dun ecosistema virtual e presencial de apoio, asesoramento, estímulo, formación, impulso e oportunidade de plasmar ideas innovadoras de cara ao empoderamento da xente nova para o seu desenvolvemento profesional, así como fomentar a cultura emprendedora e o autoemprego entre a xuventude, e brindar oportunidades para o emprendemento creativo no rural europeo.

O proxecto consiste na creación dunha rede de traballo transnacional integrada por profesionais de seis entidades de diferentes países da UE (Concello de Vedra, líder do proxecto; Stichting Business Development Friesland, dos Países Baixos; Comune di Capannori, de Italia; Newry and Mourne Co-Operative Ltd, do Reino Unido; Obec Zemplinske Hamre, de Eslovaquia; e Associação Juvenil de Deão, de Portugal), que sentará as bases dunha incubadora transnacional e que traballará ao longo dos 24 meses de vida do proxecto no desenvolvemento conxunto de metodoloxías, mecanismos, ferramentas e contidos de alta calidade e innovadores, así como na execución dun programa de accións piloto dirixido á xente nova.

Os principais obxectivos do proxecto son fomentar a cultura emprendedora e o emprendemento no rural europeo como forma de creación de autoemprego entre a xuventude; mellorar as capacidades, competencias e habilidades empresariais dos mozos e mozas emprendedores; e valorizar as potencialidades endóxenas das zonas rurais e asegurar a preservación e sustentabilidade dos seus recursos a través de modelos de emprendemento creativos e innovadores.

O programa piloto ofrecerá a oportunidade a 72 mozos e mozas dos 6 países da UE participantes no proxecto para fomentar as súas competencias, habilidades, coñecementos e actitudes empresariais, así como ter un contacto directo desde unha perspectiva práctica de interacción directa, intercambio de experiencias e coñecementos con outros mozos e mozas da UE e con expertos no ámbito do emprendemento e empresas de nova creación localizadas nas 3 incubadoras situadas en España, Italia e os Países Baixos. Igualmente, ofreceralles a posibilidade de identificar as oportunidades de autoemprego que poida ofrecerlles o rural europeo. Ese programa incluirá accións locais de sensibilización, información e divulgación para o fomento do emprendemento no rural europeo como fórmula para a creación do autoemprego, e accións transnacionais de fomento das competencias empresariais que se levarán a cabo ao longo de 20 días a través dun sistema de mobilidade combinada (mobilidade virtual e física), estruturado en dous módulos.

INDA Iniciativas colabora co Concello de Vedra na tramitación e implementación do proxecto, promovido no marco do programa ERASMUS+ 2014-2020.